O novo metal, ese movemento musical que a principios da década arrasou en todo o mundo con grupos como Korn, Incubus ou Limp Bizkit chega tamén ao seu fin en Galiza. A banda viguesa Kannon vén de anunciar a súa separación ante a "falta de motivación" de parte dos seus membros para afrontar unha cuarta xira. Trátase do grupo de rock galego máis prolífico dos últimos anos, con catro discos editados desde o 2000 e son, sen dúbida, os abandeirados dun movemento que no Estado firmou a súa sentenza de morte co desastroso Festimad 2005. O novo metal morreu... viva Franz Ferdinand e sucedáneos.