As historias de Carlos Blanco, no Porriño

Carlos Blanco
Carlos Blanco

[24/01/2007 13:19] O actor Carlos Blanco chega este venres 26 ao Bar Liceum, no Porriño, onde ofrecerá, un ano máis, os seus contos e monólogos. O artista vilagarcián, cunha ampla traxectoria no teatro, o cine, a radio e a televisión, iniciará o seu espectáculo narrativo arredor das once da noite, abrindo así unha nova etapa na programación da sala porriñesa. A seguinte semana, o venres 2 de febreiro, estará a Mr Dixie Jazz Band, formación coruñesa que interpretará o seu jazz con raíces afroamericanas, e o sábado 3, a agrupación Tangata deleitará o público con tangos.

O venres 9 estarán no Porriño Lilian França e Sérgio Tannus cos seus Sons do Brasil. Acompañaranos Uxía e outros músicos galegos. Unha semana despois será a quenda do rock galego dos Ruxe-Ruxe. A programación de febreiro complétaa unha sesión de regueifas, o venres 23, con Pinto d'Herbón, Luís O Caruncho e Benito Lobariñas. Todos os concertos do Bar Liceum comezarán ás once da noite, e os socios da sala teñen descontos nas entradas.

Hai 0 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa


Portada | Novas anteriores | Opinión | Galerías | Foros | Enquisas |

© Vieiros - Máis alá. Canal cultura creative commons
PUBLICIDADE
Concerto SONS

PUBLICIDADE

Ciclo: Os encontros do Club


Concurso de Viñetas. Dia Internacional da Muller

PUBLICIDADE
Xornal electrónico en Pontevedra

PUBLICIDADE
Novidades Xerais

Vieiros da escola
Vieiros da escola 15

Nova entrega de Vieiros da Escola: noticias e recursos educativos sobre o "Comercio xusto".