"Os carteis son unha das partes máis importantes da nosa historia visual: anuncian, mostran, patrocinan, protestan e incluso berran". Así presenta Berto Yáñez a escolma de cartaces tirados da rede de bibliotecas nodais de Galiza, e que vén de organizar na rede para o libre acceso a través do Flickr. A representación de Os vellos non deben de namorarse na antiga praza de touros da Coruña en 1961, un anuncio de contacto do conxunto "músico-vocal" Os Breogan's en 1970, unha suscrición pública de bonos de Fenosa en 1959...
"Estan con nós dende que imos as primeiras veces ao médico, na escola, na rúa, nos bares, na universidade e en calquera ámbito nos que nos poidamos mover na nosa vida".
Un total de 873 exemplos do bo facer de ilustradores e deseñadores galegos desde os anos 50, e á vez, pequenas fiestras visuais a momentos da historia recente en Galiza.
Toda a información na bitácora Ber.to e no fotoespazo vencellado do Flickr.