Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A MAIORÍA DOS ESTADOUNIDENES APOIAN A RETIRADA DE IRAQ

Os EUA convidarán ao diálogo os gobernos de Irán e Siria

Unha representación dos gobernos dos Estados Unidos e Iraq vaise citar cos executivos de Irán e Siria, afondando na vía diplomática fronte ao aumento da violencia na zona.

Redacción - 09:03 28/02/2007
Tags: EUA irán iraq
Soldados en Iraq

Soldados en Iraq

As dúas primeiras xuntanzas serán nos meses de marzo e abril e responden ás recomendacións ao respecto da chamada comisión Baker-Hamilton, que reuniu recentemente a republicanos e demócratas para redeseñar a estratexia dos EUA cara a Iraq.

A secretaria de Estado dos EUA, Condoleeza Rice, confirmou este mércores ese encontro, subliñando que será unha oportunidade para a diplomacia e para "mellorar as relacións entre veciños". Indicou Rice que o vencello entre Siria e Irán con Iraq contribuirá a abrir camiño pola paz e a estabilidade na rexión.

 

Mentres, nos Estados Unidos, o diario Washington Post e a cadea de televisión ABC publicaban este martes unha sondaxe que valora a opinión dos estadounidenses sobre o papel do seu país en Iraq. Segundo eses datos, o 53% dos cidadáns opina que o goberno Bush debera poñer xa un prazo concreto para a saída de Iraq das tropas. Ademais, o 56% dos entrevistados afirmou estar en contra do plan do goberno para enviar 21 mil soldados máis a Iraq. Un 24% afirmou que en seis meses todos os soldados estadounidenses deberían estar de volta nos EUA. A desaprobación sobre a xestión que Bush fai da xestión en Iraq chega xa ao 67%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: