Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONCELLO CA CIDADE APROBOU VETAR O USO DA PALABRA "NIGGER"

Prohibidos os "negros" en Nova York

O Concello de Nova York aprobou unha resolución para prohibir aos seus cidadáns o uso da palabra "nigger" (negro en galego, mais cunha maior carga pexorativa). A norma, de carácter simbólico, non contempla ningún tipo de castigo para quen a incumpra.

Redacción - 12:00 01/03/2007
Tags:
O concelleiro impulsor da proposta, Leroy Comrie

O concelleiro impulsor da proposta, Leroy Comrie

Os habitantes de Nova York estarán a incumprir a lei cada vez que pronuncien a palabra "negro". Porén, máis alá do rexeitamento social que puidese provocar, os que decidan introducila no seu vocabulario non terán ningún problema legal en usala cantas veces lles veña en gana. Malia que o concello da cidade aprobou unha norma que prohibe o seu uso, esta non contempla sanción algunha para os seus infractores.

Uso retranqueiro da palabra
Durante moitos anos a "N-word" (palabra N), tal e como é popularmente coñecida nos EUA, foi utilizada polos mozos afroamericanos para se referir uns aos outros, mais cunha importante dose de retranca. Porén, a maioría dos líderes da comunidade negra sempre rexeitaron o seu uso en calquera que fose a situación e o contexto.

A resolución do concello neoiorquino foi presentada a proposta do edil Leroy Comrie, con motivo da celebración do Black History Month (Mes da Historia Negra). Este manifestou que o significado da "N-word" derivou cara unha única connotación negativa, que implica odio e ira, e iso "xa non ten marcha atrás".

Poden ampliar a información no New York Daily News.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: