Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Terceira edición do festival Play-Doc

Unha escolma de documentais proxéctase en Tui

A cuarta feira ás oito do serán abriuse a terceira edición do Play-Doc, o festival internacional de documentais de Tui. Até o domingo, proxéctanse no teatro municipal 27 traballos que teñen en común o feito de seren producións moi persoais. En moitos casos, serán os propios autores os encargados de presentar as súas obras.

Modesto del Río - 19:13 23/03/2007
O acto inaugural contou coa presenza dos directores xerais de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e de Comunicación Audiovisual, Xosé Manuel Fernández, máis o alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha e os directores do festival, Sara García e Anxo Sánchez. Nel proxectarase un tráiler dos documentais que participan nas seccións oficial e informativa.

Ás nove da noite presentouse ao público o primeiro dos traballos que se exhibiron no festival: An Ordinary Family, que participou na categoría de longametraxes, e que presentou o seu director, o sueco Fredrik Gertten. Unha hora e media despois púidose ver a produción do mesmo país Bullshit, que protagoniza Vandana Shiva, nominada ao Nobel da Paz 2007, e que presentou tamén a súa directora, Suzanne Khadalian.

Tamén se procedeu a inaugurar a exposición de Ron English, polémico autor que colocou ao longo da vila tudense cinco valados publicitarios. O venres ás nove da noite proxectouse un documental sobre a súa obra: Popaganda.

Durante as xornadas do mércores e do xoves, os cinco equipos finalistas do maratón Play Avid-Doc gravaron por Tui adiante os traballos que montaron o venres. Foron seleccionados Eloy Enciso, Uxía Rodríguez, Jacobo Sanmartín e Pablo Gómez, Pela do Álamo e Joaquín Mateo, e mais Paula Marcuño.

Novas relacionadas

Gañadores

Remata o Play-Doc despois de cinco días de proxeccións

The mother's house foi a mellor longametraxe, e A girl named Kai e I want to be a pilot, compartiron o premio á mellor curta.

...
Play-Doc

Comezan as conferencias e os concertos no Play-Doc

O festival de documentais de Tui chega o venres ao seu ecuador coa estrea das actividades paralelas.
Anxo Sánchez

“Estamos nun momento de creatividade brutal”

Durante cinco días, do mércores 21 ao domingo 25 de marzo, Tui convértese na capital mundial dos documentais.

A volta

Na categoría de longametraxe premiouse a 'The mother's house', de François Verster, pola “sutil mirada coa que observa, até conmovernos, unha historia complexa, inzada de ira, odio e tenrura”.

A volta

O xurado salientou o bo nivel dos documentais que entraron a concurso. Dúas obras compartiron a distinción á mellor curta: 'I want to be a pilot', de Diego Quemada, e 'A girl named Kai', de Kai Ling Xue.

A volta

O premio Play Avid Doc levárono os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales, que presentaron o proxecto 'Historias de la línea azul'. O galardón consistirá en poder levar a cabo o seu documental.

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Logotipo do festival
Logotipo do festival