Mércores 07 de marzo do 2007 Actualizado ás 19:33
07/03/2007 19:33 | 'AS UVAS NA SOLAINA' FAILLE UN CONVITE AO BLOGOMILLO

Homenaxe blogueira a Carlos Casares o 9 de marzo

Convocatoria no blog
Convocatoria no blog

O venres 9 cúmprense cinco anos do pasamento de Carlos Casares. Para lembrar a súa figura de escritor, contertulio e mesmo referente moral, o blog As uvas na solaina, de Marcos Valcárcel, faille un chamamento a todo o blogomillo.


07/03/2007 16:50 | CONCERTOS DO MÉRCORES E DO XOVES

Tosar e Piti Sanz presentan o seu grupo en Vigo

Katia Guerreiro
Katia Guerreiro

Luís Tosar e Piti Sanz presentan oficialmente o seu novo grupo, The Ellas, o mércores á noite na Fábrica de Chocolate Club de Vigo. A banda, composta tamén por Iván Laxe, Suso Alonso e Ro Muñoz, revisa grandes éxitos do rock e do power pop interpretados por cantantes femininas adaptados á voz de Tosar.


07/03/2007 18:08 | RECITAL NO INSTITUTO CERVANTES DE TEL AVIV

Tres culturas unidas pola poesía

As culturas galega, árabe e israelí uniranse o xoves 15 na sede do instituto Cervantes en Tel Aviv. No recital As tres culturas e a poesía intervirán o tradutor galego Moncho Iglesias, a profesora israelí Aviva Doron e o poeta palestino Faruq Mawasi.


07/03/2007 16:50 | IMPLICAD@S NO DESENVOLVEMENTO ORGANIZA VARIOS ACTOS

A explotación das mulleres do téxtil, na Mariña

Unha das pezas de 'Maquila Boutique'
Unha das pezas de 'Maquila Boutique'

A exposición Maquila Boutique e unha mesa redonda integran as actividades coas que Implicadas no Desenvolvemento celebra o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, e lembra o 8, Día da Muller Traballadora. Hai anos, centos de mulleres morrían nunha fábrica de roupa estadounidense por reclamaren os seus dereitos. Tempo despois, o téxtil segue a ser un sector feminizado no que a explotación é a tónica.


07/03/2007 16:47 | BOLOVÁN TEATRO PRESÉNTAA NA YAGO

Feminino plural, todas as mulleres á escena

Bolován
Bolován

Dúas actrices nun escenario que, con algúns truquiños de atrezzo, se converten en varios tipos de mulleres, para demostrar que non existen os estereotipos. Elas son Merche Alonso e Paz Quiroga, ou o que é o mesmo, Bolován Teatro. Feminino pluralestará na Sala Yago de Compostela dende este xoves, 8 de marzo, até o domingo.


07/03/2007 11:24 | A PARTIR DO DÍA 12 XA SE PODEN ENVIAR GUIÓNS

Preséntase a cuarta edición de Curtocircuíto

Logotipos de Curtocircuíto
Logotipos de Curtocircuíto

Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, bota andar, dirixido este ano por Tim Reford: o día 12 deste mes podemos empezar a enviar guións de curtas para Compostela Plató, até o 27 de abril, e, a partir do 2 dese mes, curtametraxes. De aquí a outubro, Compostela convértese un ano máis nun set de gravación.


06/03/2007 18:53 | O PREMIO EN CASTELÁN FOI PARA JAUME CALATAYUD

Xosé Luís Vázquez Somoza leva o Ánxel Fole de narrativa

Ánxel Fole segundo Maside
Ánxel Fole segundo Maside

'Nube de seda na lúa' é o suxestivo título do relato que lle valeu o IX Premio Ánxel Fole de Narrativa, convocado polo Concello de Lugo. Na modalidade do premio en castelán, a obra premiada foi 'Ela, claro, como é tan simple', de Jaume Calatayud Ventura. Este ano presentáronse ao concurso de narración curta 43 obras en galego e 50 en castelán.


05/03/2007 18:37 | DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Conferencias, teatro e cinema en Vigo

Manifestación na Rúa Príncipe
Manifestación na Rúa Príncipe

Ao longo desta semana haberá varios actos en toda Galiza para conmemorar o Día da Muller Traballadora, este 8 de marzo. Na cidade olívica terán lugar charlas, escenificacións teatrais, e a proxección do documental de Mulheres Nacionalistas Galegas, 20 anos desafiando o patriarcado.


06/03/2007 18:16 | ECOSISTEMAURBANO IMPARTE UN OBRADOIRO NO CGAC

Seminario de arquitectura sustentábel en Compostela

Ecobulevar de Vallecas
Ecobulevar de Vallecas

Do mércores 7 ao venres 9 de marzo o equipo de arquitectos Ecosistemaurbano vai impartir o obradoiro Terapia urbana. Arquitectura sustentábel? no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Compostela. A actividade pretende entender os espazos públicos como lugares comúns e analizar as bases dunha arquitectura que teña en conta criterios ecolóxicos.


06/03/2007 16:20 | ENCONTRO INTERESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Todos os colexios galegos a xogar á billarda

Unha chave
Unha chave

E aos birlos, e á chave... Este venres 9 de marzo convócase unha xuntanza verbo do III Encontro Escolar Galego do Xogo Tradicional, organizado por Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional. O profesorado de todos os centros de ensino está convocado para participar nesta decisión no MUPEGA, a partir das 18.30


06/03/2007 14:45 | 'MAMAÍTA, NO SOY MALA' DA COMPAÑÍA BALISTIC

Unha visión íntima da muller na sala Nasa

Un momento da obra
Un momento da obra

A sala Nasa adiántase á conmemoración do Día internacional da muller traballadora coa representación Mamaíta, no soy mala. A obra completa a triloxía dedicada á muller da compañía Balistic de Mateo Feijoo, galego afincado en Madrid.


06/03/2007 13:49 | ACTUACIÓN DE ANDRÉS SUÁREZ EN COMPOSTELA

Pé de Boi presentan o seu disco na Coruña

Pé de Boi
Pé de Boi

O folc de Pé de Boi chega o martes 6 á noite á Coruña. O grupo do val do Ulla tocará a partir das dez e media no Pub Dublín, con entrada de balde. Continúa, deste xeito, coa xira de presentación do seu, até agora, terceiro disco, Ano de brétema, despois de ter percorrido as principais salas de concertos do país.


05/03/2007 19:31 | DANZAS DO MUNDO E VIOLÍN TRADICIONAL

Dous novos cursos no Conservatorio de Folque de Lalín

Monográfico de violín tradicional
Monográfico de violín tradicional

O sábado 10 arrancan no Conservatorio de música folque de Lalín dous monográficos. O primeiro deles, que durará unha soa xornada, será o curso de Danzas do mundo, mentres que o outro, que se desenvolverá até o mes de xuño, estará dedicado ao violín tradicional.


05/03/2007 18:55 | MOAÑA, MONFORTE, VIVEIRO, CARBALLO, AMES, ALLARIZ, PONTEDEUME E O PORRIÑO

Concellos de todo o país contarán con cadansúa semana do libro e da lectura

Luís Bará
Luís Bará

Oito concellos van participar a partir do 11 de marzo, e até o 9 de xuño, na semana do libro e da lectura que organiza a Consellería de Cultura e Deporte. Moaña, Monforte, Viveiro, Carballo, Ames, Allariz, Pontedeume e O Porriño contarán con todo tipo de actividades para o profesorado e o alumnado.


05/03/2007 11:35 | PAULA GARCÍA NO 'PEQUENO GRAN SHOW'

A blogueira máis nova, entrevistada na televisión

A integrante do blogomillo máis nova, a boirense de oito anos Paula García, xa se está a converter nun personaxe coñecido. O domingo foi entrevistada por Paco Lodeiro no programa Pequeno gran show, da Galega. Paula demostrou o seu dominio das ferramentas da blogosfera e dixo que de maior quere ser bióloga mariña. Non a puido acompañar na televisión a blogueira máis veterana, María Amelia, de 95 anos.


05/03/2007 11:38 | A WEB GALICIA ENCANTADA LEVA 150.000 VISITAS DENDE MARZO DE 2005

Dous anos de mitos e lendas

Web de Galicia Encantada
Web de Galicia Encantada

A enciclopedia de fantasía popular na rede Galiciaencantada.com cumpriu dous anos de existencia o 3 de marzo. O proxecto xurdiu como un xeito de aproveitar as oportunidades da internet para difundir a cultura tradicional galega por todo o mundo e, asemade, recoller textos e lendas dende todos os lugares.


04/03/2007 16:45 | NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA, ESTE MARTES

Gabetta achegaranos á crise xerada polo neoliberalismo na América Latina

Carlos Gabetta
Carlos Gabetta

O escritor e xornalista Carlos Gabetta explicará este martes desde as 20:00 no Centro Sociocultural de Caixa Galicia de Santiago como o neoliberalismo converteu a América Latina na rexión "máis inxusta do planeta". Continúa así o ciclo 'América cada vez máis latina', que xa comezara con Eduardo Galeano e Luís Toledo Sande.


03/03/2007 11:42 | ORGANIZADO POLA ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN

Díaz Pardo foi homenaxeado en Ferrol cun acto político, poético e musical

O intelectual Isaac Díaz Pardo recibiu este venres en Ferrol unha homenaxe organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán. A cita foi o último acto dos realizados durante o último mes pola asociación arredor da figura do galeguista. No Teatro Jofre déronse cita representantes políticos das administracións autonómica, provincial e local, así como persoeiros da cultura galega.


03/03/2007 09:27 | ESTA FIN DE SEMANA...

Ruxe-Ruxe abren a velada de concertos da Rede Galega de Música ao Vivo

Ruxe Ruxe
Ruxe Ruxe

O primeiro sábado de marzo, a Rede Galega de Música ao Vivo da Consellería de Cultura leva por Galiza adiante nove concertos. Os máis madrugadores serán os Ruxe-Ruxe, que tocarán ás nove no café cultural Auriense, da cidade das burgas. Haberá que agardar dúas horas até a seguinte actuación. En Vigo, no Contrabajo tocarán os Blue Rain ás once.


03/03/2007 09:26 | ESTA FIN DE SEMANA...

Seis concertos en Vigo o sábado á noite

Baby Dee
Baby Dee

Os vigueses poderán gozar o sábado á noite de nada menos que seis concertos diferentes. No museo Marco continúa o festival Sinsal 5.0 ás oito do serán coas actuacións de Little Annie e de Baby Dee. Triángulo de Amor Bizarro continúan a súa xira na Fábrica de Chocolate, acompañados de Vale Tudo.


02/03/2007 17:30 | ESTA FIN DE SEMANA...

Triángulo de Amor Bizarro preséntase na Mardi Gras

Portada do disco de TAB
Portada do disco de TAB

O grupo Triángulo de Amor Bizarro presenta o seu disco na sala coruñesa Mardi Gras o venres á noite. Vale Tudo faranlles de abreconcertos. Tamén na Coruña, Luís Moro e a Tribeca's Band chegarán ao Garufa ás dez e media da noite. Non moi lonxe de alí, en Sada, tamén haberá dobre oferta musical: Los Santos, Contrachapados e Megaloves estarán dende as once e media na sala Lúa Chea, e na Moby Dick tocarán, ás once, Elekilibrio.


02/03/2007 18:18 | ESTA FIN DE SEMANA...

A Rede Galega de Música ao Vivo ofrece oito actuacións

Moon Cresta
Moon Cresta

Oito concertos forman parte da oferta da Rede Galega de Música ao Vivo para a noite do venres 2 de marzo. As localidades de Vigo, Lalín, A Coruña, A Laracha, Cangas, O Barco, Ponteareas e Melide repártense a honra de acoller as actuacións da xornada.


02/03/2007 17:28 | CARLOS MEIXIDE PROMOCIONA A SÚA NOVELA NA REDE

O vídeo d'O home inédito

Carlos G. Meixide, autor de O home inédito fixo un vídeo promocional do seu libro, primeiro en galego con licenza Creative Commons, primeiro en publicar Ediciós da Rotonda e primeiro que saca á venda en papel grazas a un convenio con Rinoceronte Editora.


02/03/2007 14:35 | ESTA FIN DE SEMANA...

lagarta, lagarta estrea unha obra de Bordón

'As últimas lúas'
'As últimas lúas'

As últimas lúas, de lagarta, lagarta, adaptación do texto de Furio Bordón, estréase esta fin de semana no Salón Teatro compostelán. Mentres, tanto Vigo como Compostela continúan coas súas propostas alternativas, e varias vilas galegas acollen nos seus escenarios obras clásicas, magos, monicreques, monólogos... Velaquí a programación para esta fin de semana.


02/03/2007 14:17 | NACE NO SEO DO ESTUDANTADO DE FILOLOXÍA NA USC

Preséntase 'Nova Ólisbos', revista dos amantes da palabra

Nova Ólisbos
Nova Ólisbos

Dirixida por Xandra Santos Palmou e Roberto Pascual Rodríguez, esta nova revista, herdeira de Ólisbos será presentada ao público o venres 2 de marzo ás 20.30, no café compostelán Garigolo, e tamén o luns 5, en conferencia de prensa, no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.


02/03/2007 11:53 | O HIMNO DE PASCUAL VEIGA ESTREOUSE EN 1896

'Que din os rumorosos' xa soaba con música no século XIX

Pascual Veiga
Pascual Veiga

No Congreso que está a ter lugar estes días na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago de Compostela, acábase de revelar un novo dato sobre o himno: os actos céntranse en homenaxear a Pascual Veiga no centenario da estrea da versión musical, pero o musicólogo Fernando López Acuña descubriu que realmente non se produciu en 1907, senón xa no 1896.


01/03/2007 20:22 | CONCERTOS DO XOVES

Marzo arranca con música

Cabo San Roque
Cabo San Roque

O mes de marzo comeza a notarse coa suba das temperaturas, cando menos musicais. O xoves á noite teremos moito onde escoller, tanto entre os concertos incluídos dentro da Rede Galega de Música ao Vivo da Consellería de Cultura coma entre os organizados polas diferentes salas do país. Coma sempre, haberá para todos os gustos.


01/03/2007 13:34 | O CONSERVATORIO FAI 50 ANOS

Medio século de música en Ourense

4 Mality Percussion Quartet
4 Mality Percussion Quartet

O Conservatorio de Música de Ourense está de aniversario: nada menos que cincuenta anos dinamizando a vida social e cultural de Ourense. O 2007 será un ano de celebracións, concertos e actos diversos na cidade das Burgas. Entre marzo e maio contaremos con catorce formacións e artistas de ámbito galego e internacional.


01/03/2007 18:40 | CONVÓCANSE O LUEIRO REY E O AVILÉS DE TARAMANCOS

Máis premios literarios: para novela curta e relatos de aventuras...

Avilés de Taramancos
Avilés de Taramancos

Os concellos de Noia e do Grove homenaxean a cadanseu escritor convocando un certame literario: no primeiro caso, é Antón Avilés de Taramancos quen dá o seu nome ao 6º Certame Literario de Relato de Aventuras. E no Grove convócase o XV Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Aquí detallamos as bases.


01/03/2007 17:47 | NOVO CICLO LITERARIO NO CAFÉ TORTONI

A guerra civil contada polos galegos en Bos Aires

Agosto do 36
Agosto do 36

As lectoras galegas na Universidade de Bos Aires Andrea Cobas e Débora Campos organizan unha nova actividade literaria no mellor escenario posíbel: o Café Tortoni, sede dos coloquios de Blanco Amor ou Seoane. Desta vez, a guerra civil na narrativa galega será o fío condutor que reúna obras de Xavier Alcalá, Suso de Toro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Rivas ou Mª Xosé Queizán, dende o sábado 3 de marzo.


01/03/2007 14:09 | CINEMA E CONFERENCIAS

Irlanda en Lugo, na Associação Alto Minho

No 1922 Irlanda foi proclamada Saorstát Éireann (Estado Libre Irlandés) e separada do Reino Unido. Pero antes, as guerras internas e contra Inglaterra pola autodeterminación foron constantes. O filme O vento que axita a cebada, de Ken Loach, retrata as guerrillas do campesiñado irlandés. Esta proxección e unha charla co historiador Sean McCann son a proposta da Associação Alto Minho para conmemorar estes 85 anos de independencia. Aquí podemos ver o tráiler do filme:


01/03/2007 12:28 | PONTE NAS ONDAS CONVOCA O CERTAME

A recoller a nosa tradición oral!

Ponte... nas Ondas!
Ponte... nas Ondas!

A asociación Ponte nas Ondas convoca unha nova actividade para máis de cincuenta centros educativos galegos e do norte de Portugal: o I Certame de Recolla da Tradición Oral, en colaboración coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Direcção Regional de Educação do Norte. O premio fallarase no mes de maio.


01/03/2007 11:26 | 'SPIRITUAL - MAGIC & KNOWLEDGE' INSPÍRASE NA ACTRIZ NOMEADA PARA OS OSCAR

Edilberto Alonso cántalle a Penélope Cruz

Edilberto Alonso
Edilberto Alonso

Edilberto Alonso, o bardo de Curtis, envíanos dende Tipperary, en Irlanda, un tema que, de seguro, se converterá nun novo éxito. Spiritual – Magic & Knowledge está dedicado a Penélope Cruz, a primeira española seleccionada para o Oscar á mellor actriz. Alonso lembra como a coñeceu, aquel xullo de 1988, cando lle encargaron dirixir unha discoteca de tarde en San Sebastián de los Reyes (Madrid).


01/03/2007 11:29 | O DOCUMENTAL 'CHINA BLUE' ESTRÉASE EN GALIZA

O que hai detrás da etiqueta 'Made in China'

O director israelí Micha X. Peled amosa en China Blue as condicións nas que traballan unhas rapazas nun taller chinés de confección de vaqueiros. Este documental testemuña xornadas de catorce horas, sete días á semana, en condicións de auténtica escravitude. A oenegué Amarante organiza proxeccións en catro cidades ao longo do mes de marzo. Aquí podemos ver un adianto:


28/02/2007 18:22 | A EDITORIAL PRESENTA CINCO TÍTULOS

Novidades para os máis pequechos e Premio Repsol YPF en Galaxia

'O vixilante dos soños', de Ana Carreira, ilustrado por Noemí López
'O vixilante dos soños', de Ana Carreira, ilustrado por Noemí López

O vixilante dos soños, de Ana Carreira; Camiño solitario, de Ánxela Gracián; Ke-Tumba Ke-Tamba, de Xerardo Quintiá; e O Castrón de ouro, de Darío Xohán Cabana, son os catro novos títulos da colección Árbore, da Editorial Galaxia, pensada para o público de menor idade. Por outra banda, a editorial presenta tamén Se algún día esta muller morta, de Miguel Sande, I Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2006.


28/02/2007 13:27 | NUNHA CONFERENCIA ORGANIZADA POLO INSTITUTO CERVANTES

Manuel Rivas fala en Berlín sobre democracia e ambiente

Manuel Rivas
Manuel Rivas

Manuel Rivas deulle este martes voz a Galiza nun encontro en Berlín sobre medio ambiente e democracia. No marco do ciclo organizado polo Instituto Cervantes baixo o título de "Galicia Hoxe", o escritor falou diante do público alemán sobre a resposta da sociedade galega perante as catástrofes ecolóxicas do Prestige e dos incendios do 2006.


28/02/2007 11:47 | OPACO DESCARGOU, CLASIFICOU E ORGANIZOU NUN ÁLBUM 159 PLANOS

Un blogueiro recompila os mapas de Galiza do Instituto Xeográfico

As 28 primeiras imaxes do álbum
As 28 primeiras imaxes do álbum

O blogueiro Opaco xa completou o laborioso traballo de recompilar os mapas de Galiza do Instituto Xeográfico Nacional, divididos en cuadrantes. Agora todos eles pódense descargar dun álbum que creou expresamente na súa conta de 23hq.


06/02/2007 19:40 | MOSTRA DE NOVAS PROPOSTAS DE TEATRO, MÚSICA E DANZA NA SALA NASA

Chega a Zoona Alternativa

4.48 psicose
4.48 psicose

A Sala Nasa de Compostela prepara a Zoona Alternativa, unha mostra de teatro, música e danza contemporáneos que procura abrir novos horizontes nas artes escénicas. Recolle o espírito da Alternativa, un proxecto que se organizou entre os anos 2000 e 2004 polas salas Nasa e Galán, e no que se deron a coñecer autores e grupos fundamentais na nova escena do século XXI. Ese traballo tivo continuidade nos dous anos seguintes, e complétase agora, a partir do 21 de febreiro e até finais de marzo, coa Zoona. Serán 17 representacións de dez compañías: tres de teatro, unha de danza, unha de rock alternativo, outra de música experimental e catro a medio camiño entre teatro, danza, música, robótica e artes visuais.




Noticias anteriores
Cabo San Roque

A Reportaxe

FESTIVAIS DE TEATRO ALTERNATIVO

Enquisa

Comezan varios festivais de teatro alternativo. Que é o que máis te chama a atención?
A danza contemporánea (Mercé de Rande en Compostela)
A música! Non penso perder a Corcobado e averiguar que son quen de facer Cabo San Roque cunha lavadora
O cinema: o ciclo sobre Bertolt Brecht en Vigo promete
O teatro nas salas alternativas: a estrea dun texto de Sarah Kane en galego, achegas de Angélica Lidell ou Marcel.lí Antúnez...
As performances no espazo público: a ver como é iso dun espectáculo que colle nun colector!
Ver resultados

Buscador

Recursos de cultura e espectáculos no noso buscador


Portada | Novas anteriores | Opinión | Galerías | Foros | Enquisas |

© Vieiros - Máis alá. Canal cultura creative commons
PUBLICIDADE
Concerto SONS

PUBLICIDADE

Ciclo: Os encontros do Club


Concurso de Viñetas. Dia Internacional da Muller

PUBLICIDADE
Xornal electrónico en Pontevedra

PUBLICIDADE
Novidades Xerais

Vieiros da escola
Vieiros da escola 15

Nova entrega de Vieiros da Escola: noticias e recursos educativos sobre o "Comercio xusto".