Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS RECEITAS NEOLIBERAIS

A patronal española pide que se reduza o número de funcionarios e que se privaticen empresas públicas

A CEOE asegura que un dos xeitos de saír da crise é que as administracións deixen que as compañías privadas fagan máis negocio cos servizos públicos.

Redacción - 13:28 15/07/2010

Despois dun forte recorte do gasto público, dunha reforma laboral e doutra do sistema de pensións á vista, a patronal española considera que os poderes políticos aínda teñen moitas receitas ultraliberais para poñer en práctica. Así, a CEOE venlle de recomendar ao executivo estatal que meta a tesoura a fondo nos postos públicos de traballo. A consigna é reducir o número de funcionarios comezando “polos menos produtivos” e privatizar todas aquelas empresas públicas que non obteñan beneficios económicos e deixalas en mans de empresas concesionarias.

A confederación de empresarios non oculta a súa intención última e di que hai marxe para que as comunidades autónomas e os concellos intensifiquen a colaboración coas compañías privadas en servizos públicos como o de augas, o lixo, o transporte ou incluso a explotación de centros sanitarios.

Para a patronal estas medidas, canda unha redución de impostos, son o único camiño para que a economía saia da depresión na que se atopa. Dende a CEOE manteñen que “calquera concesión ao populismo, calquera xesto para compensar axustes de gasto con subas de impostos ao aforron ou aos que máis aforran, sería especialmente prexudicial”.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: