Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FORZAS DE SEGURIDADE

Unha policía cada vez menos autónoma

Mentres o Goberno adía deliberadamente a creación dun corpo de axentes propio, a actual unidade adscrita perde axentes.

Redacción - 10:35 19/07/2010
Vehículos das unidades adscritas

Vehículos das unidades adscritas

A creación dun corpo policial verdadeiramente autónomo e de carácter galego segue a ser unha quimera 29 anos despois da aprobación do Estatuto. Mentres que en Euskadi e Catalunya a Ertzaintza e os Mossos de Esquadra xa controlan a maior parte do territorio que lles corresponde, Galiza segue co seu raquítico modelo e subalterno de unidades adscritas.

Dende 1991, grazas a un acordo, o goberno español presta axentes dos seus propios corpos que dependen administrativamente de San Caetano. Este mesmo luns, o xornal Faro de Vigo publica que na actualidade esta unidade adscrita só conta con 372 policías (60 menos ca en 2008) a razón estaría relacionada con cuestión estritamente monetarias. O executivo estatal pídelle á Xunta que pague a metade do gasto de nóminas, algo ao que esta se nega.

Con algunhas diferenzas internas, socialistas e nacionalistas pactaran durante o bipartito darlle pulo a unha verdadeira Policía Autonómica. O obxectivo era que esta unidade estivese a pleno rendemento en 2015, con catro mil axentes en activo en diferentes comarcas do país. Porén, poucas semanas despois da volta do PPdeG ao poder, dende a Xunta deixaron claro que a creación dunha policía autóctona quedaba en suspenso e non se establecían novas datas.


3/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: