Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Cativo avance cara ao Estado plurilingüe

O Senado aprobará este mes a mudanza de Regulamento para ampliar o uso de catalán, éuscaro e galego

A iniciativa entrará en vigor en 2011 e estará limitada ao debate das mocións en Pleno. O seu emprego está excluído das sesións de control ao goberno.

Redacción - 13:15 04/07/2010
Pérez Bouza (BNG) defendeu a moción

Pérez Bouza (BNG) defendeu a moción

O Senado aprobará este mes a reforma do seu Regulamento para ampliar o uso de catalán, éuscaro e galego e que se poidan escoitar nos Plenos, aínda que só no debate das mocións e non nas sesións de control ao goberno. A iniciativa, aprobada hai pouco máis de dous meses, entrará en vigor en 2011.

De se manter o consenso que existe entre todos os grupos salvo o PP, podería saír un ditame da reunión da Comisión de Regulamento, a semana do 12 ao 16 de xullo, e podería ser aprobado a semana seguinte, no Pleno previsto para os días 20 e 21.

Logo de varios anos de declaracións de intencións, un grupo de senadores rexistrou unha proposta para reformar o Regulamento e que as tres linguas diferentes do castelán se puidesen escoitar máis alá da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas.

Aínda que as pretensións iniciais eran máis ambiciosas, o PSOE presentou emendas para limitar o seu uso ao debate das mocións e para que a medida entre en vigor o ano que vén. A razón neste último caso, din, é procurar no Orzamento actual o diñeiro co que pagar os tradutores.

O PP é o outro grupo que presentou emendas, no seu caso, para baleirar de contido unha proposta á que se opón totalmente. Ao seu xuízo, a Constitución deixa claro que o uso destas linguas diferentes ao castelán debe estar limitado ao ámbito da súa comunidade autónoma e das súas institucións.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: