Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DISTURBIOS NO CENTRO DO PAÍS

Francia desprega 300 militares nas rúas de Saint Aignan

O goberno responde co exército a un ataque dun grupo de xitanos contra unha comisaría co que protestaban pola morte dun mozo desta etnia a mans dun policía.

Redacción - 13:30 19/07/2010

O exército francés despregou xa uns 300 militares no concello de Saint Aignan (no centro de Francia). Responde así ao ataque á xendarmería desta localidade por parte dun grupo de medio cento de persoas de etnia xitana que, á súa vez, protestaba pola morte dun mozo a mans dun axente francés.

Segundo informa o diario 'Le Monde', os agresores atacaron á brigada da comisaría con machadas e barras de ferro. Ademais, os manifestantes terían derribado árbores, incendiado vehículos e esnaquizado o mobiliario urbano, ademais dunha panadaría.

Estes feitos precipitáronse despois de que un axente fixera uso da súa arma na noite do venres despois de que un coche se saltara unha barreira. Ao volante do vehículo ía un mozo xitano, que resultou morto. Agora, segundo informa o diario 'Liberation' está aberta unha investigación administrativa e xudicial e ambos os dous axentes implicados están baixo custodia.

Ante a resposta dos familiares do falecido, o goberno francés decidiu enviar á zona os 300 militares e tres helicópteros que teñen a orde de asegurar e controlar a zona. Segundo informou nun comunicado a prefectura, os axentes enfrontaranse a “calquera reanudación da violencia”.

Máis información nos xornais franceses:


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: