 
 
"No final, descubrimos que a única condición para a vida existir é a morte", afirmara o premio Nobel portugués.
 
											"Creo que na sociedade actual fáltanos filosofía. Filosofía como espazo, lugar, método de reflexión, que pode non ter un obxectivo concreto, como a ciencia, que avanza para satisfacer obxectivos. Fáltanos reflexión, pensar, necesitamos o traballo de pensar e paréceme que, sen ideas, non imos a ningunha parte". Este extracto dunha entrevista na revista Expresso en outubro de 2008, é a última anotación que pode lerse na bitácora na rede de José Saramago, introducida esta sexta feira pola Fundação José Saramago. 
Tal e como informa a propia Fundación, Saramago morreu ás 12h30 na súa residencia de Lanzarote, aos 87 anos de idade, "consecuencia dun múltiple fallo orgánico, após unha prolongada doenza. O escritor morreu estando acompañado pola súa familia, despedíndose dunha forma serena e tranquila".
Para ampliar: 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto