Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CURSO NO VERBUM

Verbum Summer School: Como achegar a lingüística ao gran público

Este sábado clausúrase en Vigo unha serie de encontros destinados a dar a coñecer os últimos avances nesta disciplina.

Redacción - 10:00 17/07/2010

Dende o pasado 6 de xullo o Museo Verbum-Casa das Palabras de Vigo acolle a Verbum Summer School of Linguistics (VSSoL), unhas xornadas centradas na lingüística que rematarán este sábado día 17 e na que participan perto de corenta persoas.

Que se está a facer en investigación lingüística? Como transmitir os novos coñecementos á sociedade? Estas son as dúas grandes preguntas que a escola de verán intenta responder e eis os seu obxectivo: achegar esta disciplina tanto a iniciados como ao gran público en xeral.

Xerardo Fernández Salgueiro é o coordinador desta escola na que están a impartir docencia numerosos investigadores. Para Fernández Salgueiro este proxecto é pioneiro á hora achegar ao gran público os últimos estudos lingüísticos, tendencias ben afastadas das tradicionais. Como exemplo ilustrativo pon o seguinte: "Se lle preguntas a alguén da rúa se estamos diante dun fenómenos máis biolóxico ou cultural a gran parte das respostas van optar polo segundo". A este respecto, profesores como o andaluz Antonio Benítez Burraco, especialista en linguas eslavas, disertou sobre a relación entre xenética e linguaxe.

Os organizadores do Verbum Summer School of Linguistics valoran positivamente este primeiro encontro de lingüistas e teñen previsto repetir a experiencia con carácter bianual.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: