Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
A PARTIR DO 1 DE XULLO

Circular polas autoestradas portuguesas será máis caro e precisará dun identificador

Os condutores estranxeiros deberán solicitar un dispositivo electrónico de pago propio, que poderá ser adquirido nas estacións de servizo portuguesas.

Redacción - 12:45 16/06/2010

Malia as protestas xurdidas a unha e outra beira do Miño, o goberno portugués anunciou xa a supresión da gratuidade das autoestradas máis transitadas, as chamadas SCUT (autoestradas sen custos para o usuario), entre as que se atopan a da Costa da Prata, do Grande Porto e do Litoral Norte, é dicir, algunhas das máis empregadas por traballadores e visitantes galegos.

Non se poderá pagar con moedas nin tarxeta de crédito
A partir do próximo 1 de xullo, quen queira circular por unha destas tres vías está obrigado a contar cun identificador de cobro electrónico ou, do contrario, estará a cometer unha infracción que podería chegar a ser sancionada até con tres mil euros, no caso de reincidencia. No caso dos vehículos portugueses e para suavizar a impopular medida, o goberno vai financiar a distribución destes dispositivos, que serán gratuítos nos próximos seis meses (o custe é duns 19 euros por unidade).

Porén, para os vehículos de matrícula estranxeira o Decreto-Llei publicado esta segunda feira no Diario da República estabelece que deberán contar cun "dispositivo electrónico propio". Este dispositivo será necesario, xa que este será o único xeito de facer fronte á telepeaxe e non haberá cobro manual nin con tarxeta de crédito nas propias autoestradas.

Segundo adianta o texto legal, o dispositivo portugués poderá ser adquirido, en sistema de préstamo, nas áreas de servizo das vías afectadas. O identificador de pago estará así ou ben asociado a unha tarxeta de crédito ou ben será posíbel pagar no momento da súa compra unha cantidade mínima de gasto, que non será inferior a 50 euros. No momento da devolución do dispositivo, os condutores poderán solicitar o reembolso ben da fianza depositada na compra, ben da cantidade pagada e non utilizada.

  • Podes acceder aquí ao Decreto-Lei publicado no Diario da República con toda a información sobre o prezo de cada tramo e os detalles da medida.


2,14/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Todos os vehículos que circulen polas autoestradas portuguesas deberán contar cun indentificador
Todos os vehículos que circulen polas autoestradas portuguesas deberán contar cun indentificador
A intención do goberno portugués de suprimir a gratuidade das autoestradas xa xerara diferentes protestas
A intención do goberno portugués de suprimir a gratuidade das autoestradas xa xerara diferentes protestas