O cantautor Miguel Alonso publica un álbum onde se mestura a crónica social coas cancións máis intimistas.
Miguel Alonso, cantautor e poeta ferrolán afincado en Compostela, acaba de publicar un álbum que leva por título “A noite dos cans”. Gravado integramente no idioma do país, o disco conta con doce temas onde se mestura a música de autor e o rock. Alonso non evita a canción máis comprometida cos problemas actuais: a precariedade laboral, a rebelión da muller contra a violencia machista ou o capitalismo salvaxe. Mais tamén deixa espazos, e moitos, para as visións máis intimistas, para as fotografías do día a día.
O disco pode mercarse en fomato físico (xa á venda en tendas) ou en dixital (dispoñíbel en iTunes, Amazon, E-music...) O vindeiro sábado 30 de xullo Miguel Alonso presentará o seu traballo na sala Moon de Compostela.
Podes escoitar aquí algúns dos temas de "A noite dos cans"