Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comunidades indíxenas en Chiapas

Activistas galegos participan nunha brigada europea de solidariedade cos zapatistas

O obxectivo é coñecer de primeira man a situación en que se atopan os integrantes do movemento zapatista, "compartir a súa realidade, documentala e difundila".

Redacción - 14:00 12/07/2010
A brigada aterrou hai unha semana

A brigada aterrou hai unha semana

Unha brigada europea de solidariedade, apoio e irmandade coas comunidades indíxenas en rebeldía, está estes días en Chiapas para coñecer de primeira man a situación en que se atopan os integrantes do movemento zapatista, "compartir a súa realidade, documentala e difundila", informan desde Fuga em Rede.

Desde o colectivo galego, chaman a sociedade civil e os axentes sociais galegos a estar "atentos e expectantes" para tratar de "evitar calquera agresión aos participantes" desta brigada, que ademais conta coa presenza de dous activistas do noso país.

A Brigada Europea de Solidariedade c@s Zapatistas xorde desde , desde multitude de colectivos e redes europeas como resposta á "situación de extrema paramilitarización" que vive México nos últimos meses e ao "acoso á loita social en xeral, e ás comunidades zapatistas en particular".


5/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: