O ministro de Fomento pídelle á Seguridade Social que investigue as numerosas baixas laborais e afirma que se é preciso haberá despidos.
O enfrontamento entre controladores aéreos e Ministerio de Fomento é total. O ministro Xosé Blanco vén de anunciar que empregará todos os medios posíbeis para acabar coas múltiples baixas laborais que sospeita que agochan unha folga encuberta.
Blanco xa encargou un informe sobre as baixas á Seguridade Social e este mesmo martes anunciou que controladores aéreos militares substituirán, en caso de emerxencia, aos civís. O ministro chegou a afirman que “quen non cumpra coas súas obrigas pode ser despedido”