Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Hitler, Obama e Lenin

"Os líderes radicais aprovéitanse dos medorentos e dos inxenuos"

Polémica nos EUA por un panel publicitario pagado polo movemento ultraconservador Tea Party de North Iowa.

Redacción - 13:35 14/07/2010
Panel en Iowa (clique para ampliar)

Panel en Iowa (clique para ampliar)

Bob Johnson, cofundador do Tea Party de North Iowa, sinalou que o panel pretende destacar o "apoio" de Obama ao socialismo. Faixas con mensaxes similares foron excluídas de diversos eventos deste movemento ultraconservador (ligado ás posturas máis á dereita dentro do Partido Republicano) debido á mala publicidade que provocaban, informan axencias internacionais.

De feito, Shelby Blakely, voceira a nivel nacional dos Tea Party Patriots considerou inapropiado o cartaz e afirmou que se opoñen a este tipo de comparacións. Porén, John White, coordinador en Iowa do movemento, aínda que recoñeceu o "mal gusto" do panel, sinalou que todo o feito por Obama "seguía os pasos" do realizado por Hitler no seu día.


1,33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: