Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTATÍSTICA OFICIAL

O prezo da vivenda nova sobe lixeiramente en Galiza mentres segue a baixar no conxunto do Estado

Segundo o ministerio, entre xuño de 2009 e o mesmo mes de 2010 o custe aumentou un 1,4%.

Redacción - 11:15 16/07/2010

Dende xuño do ano pasado o prezo medio dunha vivenda nova (menos de dous anos) baixou a nivel do Estado Español un 3,6%. Porén, en cinco comunidade autónomas, entre elas no nos propio país, a tendencia foi diferente. Segundo os datos do Ministerio de Vivenda, en Galiza a vivenda nova subiu un 1,4% neste período, en Asturias (2,2); en Castela-A Mancha (1,3); en Estremadura (0,4); e en Cantabria unha décima.

Pola contra as maiores baixadas nos prezos de vivenda nova foron, segundo o ministerio, en Canarias (-6,4); Valencia (-5,1); Aragón (-4,8); Navarra (-4,4); Andalucía, Baleares e Madrid (nestes casos cun -4,3%)


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: