Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Gondomares varios dos meus amores

10:21 14/07/2010

Non sei se será perder o tempo, mais o recoñecemento de que algo se está a facer mal, debería ser o primeiro paso, cara unha solución precisa.

A un dóelle cando se relaciona o Partido Popular co transfuguismo e a subseguinte corrupción que devén deste tipo de prácticas tan rexeitables, lacras dunha sociedade que ten seguramente a clase política que merece.

Este tipo de corruptelas con amparo na legalidade vixente, fan un dano tremendo á imaxe do partido máis importante de Galicia, tanto polo seu número de votantes como polo de afiliados. O Partido Popular, de concepción transversal, representa a unha gran diversidade de perfís persoais, co que denota, en ocasións, a diferenza de conceptos sobre as mesmas cuestións, segundo de quen veñan. Esta realidade medible non pode permitir que non se faga unha crítica contundente a calquera movemento político especulador que dane as conciencias éticas que existen nesta terra. Tanto os casos de Gondomar –de triste actualidade- como o de Silleda na comarca do Deza, prexudican gravemente a unha formación popular, que nunha inmensísima parte de compoñentes está conformada por políticos decentes, e votantes comprometidos. Sempre denuncio que non vale todo só con fin de alcanzar cadeiras de poder, prostituídas pola pouca exemplar actitude de quen se senta en elas. Porén é necesario que a soberanía popular separe dos centros de poder, a aqueles representantes que demostren que o utilitarismo está por riba da conciencia, e que o pragmatismo non é máis que un fin sen importar os medios.

O que é curioso é ver á formación socialista –por moita razón que teñan neste caso- dando leccións do que eles mesmos non exercen. Se os pactos antitransfuguismo só interesan no momento en que a foto interesada cega a realidade da putrefacción do que observamos, entón teremos que dar un paso á fronte, para que os que consideran que o poder outorgado polo pobo é un cheque en branco, pasen a formar parte dunha historia da política galega, perfectamente esquecible.

En ningún caso debería permitirse, que os chamados tránsfugas poidan repetir nunha lista electoral, mentres estas non sexan abertas e desbloqueadas. Tanto o PP como o PSOE, deben valorar se convén a nosa sociedade aceptar situacións que levan líquido antidemocrático inflamable dentro, porque os efectos colaterais da onda expansiva cando explota, poden chegar ata aqueles que permitiron o non permisible, pola comodidade que ofrece o mirar cara outro lado, en troques de petar nunha mesa de sólido taboleiro, mais con térmites incontrolados comendo as súas entrañas.

Ou non?

4,51/5 (77 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións