Vieiros

Vieiros de meu Perfil


MOVENDO O MUIÑO

Un erro máis

12:20 18/01/2008

Se estás cazando coellos onde hai tigres, mantén os ollos abertos por se aparece o tigre, pero cando esteas cazando tigres non te distraias pensando nos coellos

Confucio

Outro erro máis e xa van… A insistencia do Partido Popular na súa autodestrucción comenza a ser digna de estudo. O triunfo unha vez máis do sector máis dereitista da formación conservadora demostra que esa vella teima do partido fundado por Manuel Fraga da viaxe ao centro ideolóxico, non foi máis que unha mera postura recadadora de votos.

Un, que sinte un respecto político por Alberto Ruíz Gallardón, non entende cómo este político pode seguir na formación de “Génova”. No PP é evidente que non chega para ser respectado ter un talante moderado, iniciativa política, trunfos electorais e ser o político máis valorado do Estado. Para triunfar nese partido tes que ter o apoio dos medios afíns, de Aznar e dos poderes fácticos que arroupan a este partido político endogámico.

Alberto Ruíz Gallardón non nos trabuquemos é un político conservador a todas luces. Sí é certo que non é un teimudo ultradereitista como tantos compañeiros de partido, non é precisamente do perfil de fanático que describía Churchil “un fanático é alguen que non pode trocar de opinión e non quere cambiar de tema”, nin moitísimo menos. El representa unha dereita moderna, non reaccionaria, alonxado das políticas sociais ideolóxicamente liberais que tan ben encarna a súa gran rival política Esperanza Aguirre (pola súa bagaxe cultural coñecerédela), que conseguíu que un electorado masivo de centro, e incluso do centro esquerda se sentise identificado con el. O erro foi non entrar no xogo do apoio aos líderes mediáticos ultras, ter opinión propia e cometer un “erro” case sacrilexio para a dereita como tentar levar unha boa relación co grupo PRISA, o que xa foi determinate na elección de Rajoy como sucesor do amigo de Bush en lugar dun político moitísimo máis preparado como é Rodrigo Rato.

Xuntos non poden facer nada bo

A esquerda española laiase con razón da situación, sabe que a batalla polas xerais está dilucidándose no centro, e nese lugar é no que Gallardón ten o seu hábitat político. Se eu fose do PP e observase que Acebes, Zaplana, Aguirre, Ferderico, e Pedro J están dacordo en liquidar políticamente a alguen pensaría que algo erroneo está acontecendo, é case estadístico, todos estos xuntos non poden facer nada bo.

En Galiza moito dirixente do PPdeG e moito votante medio síntese identificado coas teses do Alcalde de Madrid, cónstame que existe un gran cabreo coa decisión de Rajoy ao que consideran xa amortizado políticamente, mais unha vez máis quedarán caladiños non vaia ser que como axeitadamente dixo Iñaqui Gabilondo no seu informativo os “gallardonizen”. Moitos agardan ao 10 de Marzo para falar, o valente e coherente sería facelo agora, mais o ser político é case sempre antagónico do ser coherente.

A deriva dereitista do PP, os actos dos cardeais ao máis puro estilo franquista, as purgas internas (xa un clásico neste partido), e a “endogamia” nas listas, poden provocar que rematen no lugar que merecen, é decir, na súa casa, e que xurda un novo centro-dereita, como alternativa de goberno no Estado, porque un segue a ser tan inocente, que cre que a alternancia é propia de sociedades políticas maduras.

4,42/5 (123 votos)



Rafael Cuiña

Rafael Cuiña

Naceu en Lalín en 1972. Cursou estudos de Dereito e na actualidade é empresario neste municipio dezao. É membro da directiva do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).



Máis opinións