Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recomendación aos gobernos da UE

Receitas do BCE: reducir salarios e suprimir axudas ao emprego

Á beira da análise do Banco Central Europeo, un informe da OIT advirte da "ameaza á cohesión social" polo incremento do desemprego entre a mocidade.

Redacción - 11:00 16/07/2010

Expoñían esta semana desde o Banco Central Europeo (BCE) que as axudas para a creación do emprego que se están despregando nos países da zona euro co obxectivo de combater a crise "están tendo efectos indesexábeis sobre as perspectivas do emprego a longo prazo". De xeito específico, segundo a avaliación do BCE as inxeccións en materia de prestación por desemprego "reducen os incentivos á busca de traballo e incrementan as cargas fiscais". Por todo isto demanda o BCE a "supresión ordenada" destas axudas e subvencións.

A paradoxal análise do BCE repara tamén noutros puntos como é a redución de horas de traballo, medida que a institución critica. De paso, reclama o BCE maior flexibilidade salarial, é dicir, na práctica, redución de salarios como xeito, opinan, de frear os despedimentos. Doutra banda, a avaliación do BCE sinala a actual como a recesión "máis forte"en Europa desde o tempo da II Guerra Mundial aínda que valora que o impacto sobre o emprego foi peor durante a crise dos 90 agás no caso do Estado español, que citan como excepción neste sentido.

Contámoslles por outra parte da avaliación da Organización Internacional do Traballo (OIT) sobre o efecto "devastador" no ámbito da mocidade do paro de longa duración. "Se non se toman medidas, a situación da mocidade será insostíbel, ameazando a cohesión social", avisa a OIT no seu informe titulado 'O emprego xuvenil en crise'.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: