Un informe do Banco de España acaba de alertar do aumento “alarmante” dos casos de 'phishing' no Estado. Non dar os datos das contas ou das sinaturas electrónicas a través do correo electrónico é unha das claves para evitar converterse en vítima.
O “phishing” consiste no roubo da identidade dixital de cidadáns ou empresas. Os 'ciberdelicuentes' soen copiar a imaxe corporativa dos bancos para lograr os datos, cos que despois operan libremente nas contas bancarias.
Avalanchas masivas de emailsTrátase dun perigo que está a estender por todo o planeta. “O fraude en liña segue a medrar un 15% cada tres meses” denuncia un informe da consultora
Mark Monitor. A compañía alerta que, ademais, os fraudes son cada vez máis sofisticados. Tamén son lanzados mediante “avalanchas masivas” de correos electrónicos ou mensaxes a móbiles, o que fai máis difícil a súa rápida detección.
Os bancos e caixas galegos non son alleos a este problema. Por exemplo, na web da Asociación de Usuarios de Internet
aconsellan aos clientes de Caixa Galicia sobre como evitar os riscos. A propia entidade bancaria publica unhas
recomendacións de seguridade contra estes fraudes.
Consellos para estar seguros“Caixa Galicia nunca solicitará a un cliente que facilite a súas claves por escrito, a través do correo electrónico, nin por teléfono o mensaxe SMS. Polo tanto, non debe facilitar estes datos, a excepción no servizo de acceso a banca electrónica” aconsella, entre outros puntos, a entidade galega.
Unha cuestión fundamental é, polo tanto, identificar se un está a navegar realmente na web do banco. Para estar seguros, cómpre, en primeiro lugar, fixarse en que na barra de direccións aparece 'https' no lugar do común 'http'.
“Un sitio 'https:' é un sitio seguro, aínda que esto por si só non garante que a páxina web sexa a correcta”, explica Caixa Galicia. Comprobar se hai “un pequeno candado amarillo situado na esquina inferior a súa dereita” é outra das recomendacións.
Evitar os accesos públicosNon empregar a banca electrónica dende cibercafés, bibliotecas e telecentros é unha boa práctica. E é que os ladróns colocan ás veces dispositivos nos computadores, trebellos que son quen de gravar todo o que se teclea.
Ser precavido é fundamental, especialmente tendo en conta que os casos de 'phishing' afectaron a 229 bancos electrónicos nun só mes, din os datos de Mark Monitor. Ademais, desas 229 entidades, 158 foron suplantadas por vez primeira.