Vieiros

Vieiros de meu Perfil


INVERNO, NÚMERO CATRO

Descarga ProTexta, o suplemento de libros de TEMPOS Novos

Corenta páxinas de crítica literaria con entrevistas, reportaxes, crónicas, pezas de creación e unha ollada ao blogmillo.

TEMPOS Novos - 12:00 07/12/2007
O escritor Xurxo Borrazás protagoniza a capa do cuarto número de ProTexta, (.pdf / 5,3 Mb) o suplemento de libros da revista TEMPOS Novos. Coincidindo coa publicación do seu polémico ensaio Arte e parte (Galaxia) e coa saída da versión castelá de Ser ou non, publicada por Caballo de Troya co título La aldea muerta , o de Carballo debulla a súa visión crítica da cultura galega e traza as estremas da súa propia posición no sistema.

Ademais desta entrevista co autor de Cabeza de chorlito, a revista que coordina Iago Martínez inclúe unha conversa entre os historiadores Justo Beramendi e Ramón Villares. O diálogo aproveita a publicación de De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais), “a obra magna de Beramendi” ao ver de Manuel M. Barreiro, para revisar a deriva do nacionalismo galego contemporáneo.

Entanto Daniel Salgado e Francisco Sampedro radiografían a deriva ideolóxica dos pensadores da esquerda francesa e Miguel Vila dá conta do último de Xavier Castro, Historia e vida cotiá en Galicia (Nigratrea), na banda da narrativa son Martin Pawley e Delfín Caseiro os que se ocupan das últimas novidades editoriais de Teresa Moure e Alfredo Conde respectivamente. Blogs, literatura na rede, un paseo con Robert Walser da man de Lupe Gómez, unha entrevista ás Garotas e un cumprido mangado de críticas, dende a poesía e a literatura infantoxuvenil ao teatro e á banda deseñada, de aquí e de fóra, completan o repertorio de ProTexta, que neste número dedica tamén dúas páxinas aos libros que están para vir neste último treito do ano.

Novas relacionadas


A volta

Xurxo Borrazás: "Eu non fago literatura galega, fago literatura de Xurxo Borrazás"

A volta

Justo Beramendi: "Nada impedía ao grupo Galaxia resucitar o Partido Galeguista a finais dos 60"

A volta

Ramón Villares: "O galeguismo temperado, moderado, tivo máis influencia, quizais, que un partido pequeno"

5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: