Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
INÍCIASE A PARTE EXPOSITIVA DO 'PROXECTO EDICIÓN'

As 'edicións baratas' chegan ao CGAC

PAPERBACK. Edicións baratas e O futuro da actualidade son os títulos das dúas mostras coas que hoxe se inaugura no CGAC a parte expositiva do Proxecto-Edición, unha ambiciosa proposta que une por primeira vez os tres centros de arte contemporánea de Galiza -CGAC, MARCO e Fundación Luís Seoane- coa intención ocuparse doutras esferas da arte que de sempre estiveron menos atendidas e que se centran máis nos formatos máis pequenos e efémeros e menos nos grandes espazos. Artistas tan variados como As Garotas, DSK, Manuel Sendón ou Camilo Franco participan neste proxecto que se presentou o pasado 1 de febreiro e que continuará durante tres anos.

- 16:19 26/09/2006
Tags:

Edición gráfica máis alá do convencional
Coa idea de que a edición artística non se ten que reducir só aos habituais ensaios e catálogos, a exposición PAPERBACK. Edicións baratas, comisariada por Amanda Cuesta convirte o espazo do CGAC nun espazo de consulta, lectura, distribución e venda de edicións impresas: libros, moitos cartaces, adhesivos e outras obras gráficas. Unha escolma ampla e significativa da vitalidade da edición gráfica como soporte para os artistas; produccións recentes, baratas e de ampla tiraxe que respostan máis ao concepto de usar e tirar que ao de exclusividade. Trátase de materiais que foron orixinalmente pensados para unha distribución e consumo da arte máis alá dos muros dos museos, segundo explica esta comisaria independente que ademais é vocalista do grupo punk Sonido Comadre.

A mostra contén varios subespazos como Paperworks, que ocupará a planta baixa do CGAC con traballos de grande formato asinados por cinco artistas: Erick Beltrán revestirá as paredes coas instruccións dos seus posters, Pablo Pérez presentará baixo o lema "Tomorrow People" a súa particular colección de album e cromos, Pauline Fondevila realizará un enorme mural en branco e negro, Joan Morey aposta polo collage monumental e Julia Montilla proponnos unha instalación que lle serve para presentar a publicación www.bioart.net.

A parte máis lúdica resposta ao nome de Papergames, un lugar para materiais que se achegan á ficción literaria, ao xogo de rol ou a banda deseñada. Paperfiles funcionará como unha sala de lectura na que se pode dispoñer de compilacións documentais como revistas, fanzines, postais e outros proxectos editoriais, e Newspapers contará cunha seleccion de publicacións que imitan e se apropian das técnicas de impresión dos xornais.

Analizando a realidade dos media
O futuro da actualidade é o título co que o Proxecto-Edición presenta a proposta do ano 2006 en forma de exposicion. É dicir, sera a maneira de visibilizar por vez primeira o traballo desenvolto polas persoas implicadas no proxecto nos últimos meses. Desde que o Proxecto-Edición se presentou publicamente cunha festa no compostelán Instituto Galego da Informacion o pasado 1 de febreiro, a maquinaria comezou a funcionar.

As Garotas, Cisco Jiménez, Dora García, DSK, Frances Ruiz e Pauline Fondevila, Iñaki Bonillas, Jonathan Hernández, Jordi Mitjá, Jorge Macchi, Manuel Sendón, Mira Bernabeu, Peter Piller, Salvador Díaz, Suso Fandiño e Virginia Polke. Todos e todas aportan a súa ollada ao mundo dos medios de comunicación como constructores da nosa realidade cotiá. Eses medios que funcionan como instructores, como guias e conformadores dos nosos razoamentos. Pero tamen como chivos expiatorios e responsabeis de moitos dos males que nos asolan. "No entorno contemporáneo dos medios de comunicación de masas, en particular da television, todos estamos sometidos á ansiedade resultante, entre outra, da exposición ao horror e á dor que somos incapaces de aliviar", sinala Manuel Olveira, director do CGAC, que ademais é o director do Proxecto-Edición.

As dúas exposicións inaugúranse este xoves 14 ás 20h e permanecerán abertas até o 10 de decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: