A trixésimo cuarta edición do Certame Audiovisual Liceo Casino celébrase en Vilagarcía dende o pasado venres e até o 11 de novembro. Máis dun mese de pequenas películas e non só, pois o programa inclúe maxia, obradoiros de cine, concertos e outras actividades para achegarlles aos vilagarciáns máis novos os segredos da sétima arte, co patrocinio da Consellaría de Cultura. Mais o día grande será o da clausura o venres 20 de outubro, no que se entregarán os premios ás mellores curtamentraxes que participaron. Un total de 370 producións presentadas a concurso converte a presente edición do certame nun dos festivais audiovisuais con maior participación de todo a península, contando cunha estimábel representación internacional procedente de dez países.