Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL INTERNACIONAL DE VÍDEO E ARTE DIXITAIS

María Ruido e Ignacio Pérez-Jofre seleccionados no VAD 2006 de Girona

Girona segue sendo o escaparate do audiovisual. Despois do Girona Film Festival, ábrese unha mostra virada cara á videocreación. No VAD 2006 preséntanse María Ruido, que volve mostrar un dos seus traballos recentes, Ficcións anfibias, e mais Ignacio Pérez-Jofre, profesor de Belas Artes na Universidade de Vigo, videocreador e performer. Tamén participan nesta edición a brasileira Erika Fraenkel e o portugués Jorge Sousa, entre outros artistas destacados como Eva Lootz e Marcel·lí Antúnez.

- 12:49 17/10/2006
Tags:

Ignacio Pérez-Jofreé profesor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Como videocreador e performer vén mostrando o seu traballo no MARCO de Vigo, o IMAN Festival de Arte Multimedia de Vilanova de Famalicao, en Portugal. Na Galería Bacelos de Vigo desenvolveu a acción titulada "Corte de pelo e outras accións", xunto con Diego Santomé.

- Ficciones anfibias (2005), de María Ruido
- Miedo de Ignacio Pérez-Jofre

VAD 2006 Festival Internacional de Vídeo i Arts Digitals
Do 18 ao 21 de outubro de 2006
Casa de Cultura, Girona
Plaça de l’Hospital 6 – 17004 Girona
Tel. 972 202 013


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: