Polo blog Zero Vacas soubemos que outro blogueiro, Calidonia, acaba de subir ao Youtube imaxes "valiosísimas" dun mítico festival celebrado en febreiro de 1985 no pavillón da Malata en soliedariedade cos traballadores de Astano. Actuaron grupos galegos e españois, como Os Resentidos, Radio Océano, Aerolíneas Federales, Los Ilegales ou Terminal Norte, e tamén interviu o poeta Manuel María. Aquí vos deixamos un corte cos chimpos de Johnny Rotring, cantante de Radio Océano.