A ONG Implicadas/os no Desenvolvemento convoca un concurso de microrrelatos -deberán ter 2.500 caracteres como máximo- dentro das actividades que vén realizando con motivo do Ano do Microcrédito. Nas bases dise que os contos terán que versar dunha forma ampla sobre o microcrédito, tanto sobre a súa filosofía de fondo como sobre calquera outro aspecto relacionado. Lembramos que o creador deste concepto e do 'Banco dos pobres', Muhammad Iusuf, vén de ser galardoado co Premio Nobel da Paz. O prazo para enviar os microrrelatos remata o luns 4 de decembro e os gañadores e os premios -que consistirán en produtos de comercio xusto- coñeceranse ao longo da gala Implícate, que se celebrará o 17 de decembro en Santiago de Compostela.