Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'A CASA DA MIÑA AVOA'

Un documental galego nos premios do cine europeo

A longametraxe documental A casa da miña avoa, dirixida por Adán Aliaga e producida pola empresa coruñesa IB Cinema, é unha das oito candidatas para acadar o premio ao Mellor Documental da Academia Europea de Cine, cuxo gañador se coñecerá o 2 de decembro en Varsovia. O filme conta a historia de Marina, unha nena de seis anos impulsiva e irreverente, e da súa peculiar relación con Marita, a súa anciá avoa. A rancia educación á que a señora somete á pequena provoca que esta se rebele contra ela e contra calquera que lle queira ditar maneiras. Ao longo de varios anos constrúese a vida dunha familia coas súas emocións e conflitos.

- 17:09 23/10/2006
Tags:

A película foi premiada no Festival Internacional de Cine de Chicago no 2005, e foi gañadora do premio Joris Ivens do IDFA de Amsterdam e do premio do xurado no Festival Internacional de Miami no 2006. No mes de abril A casa da miña avoa conquistaba o Premio Especial do Xurado no Festival Hot-Docs de Toronto, o premio máis importante de Nortemamerica. Con este premio os productores decidiron dar o paso de estrear nos Estados Unidos no mes de xullo pasado, e para iso contaron coa axuda do Consorcio Audiovisual de Galicia.

A peza galega compite, entre outras, coa obra do alemán Philip Groening, Die grosse Stille (O gran silencio), que conta a historia de frades cartuxos nos Alpes galos.

Velaquí o trailer d'A casa da miña avoa:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: