Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CUARTA EDICIÓN DA MOSTRA PORTUGUESA

Música, filmes ou fotografía: tempo para o diálogo lusófono

Madredeus o sábado día 4 e Clã unha semana máis tarde, son as propostas musicais que trae este ano a IV Mostra Portuguesa. Á beira, unha selección de longametraxes recentemente producidas da outra beira do Miño e unha escolma de traballos fotográficos realizada polo Centro Portugués de Fotografía, alén da xornada lusófona sobre "Ciencia, innovación e transformación social", xa celebrada. Segundo o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a oportunidade para facérmonos "unha idea viva e real da gran creatividade exhibida pola cultura portuguesa actual".

- 19:17 02/11/2006
Tags:

"O país de Camões, de Eça de Queiroz, de Amália Rodrígues, de Miguel Torga, de Álvaro Siza, de Manuel de Oliveira, de José Saramago e de tantas outras grandes figuras universais segue a ser hoxe, se cadra dun modo máis evidente e sistemático que nunca, un laboratorio de propostas creativas de altísimo interese", expresou Touriño na presentación desta Mostra que conta coa colaboración da Xunta, así como do Instituto Camões e da Fundación Caixa Galicia.

Entre os filmes proxectados: "O espelho mágico" de Manoel de Oliveira, "Odete" de Joao Pedro Rodrigues, "A costa dos murmúrios" de Margarida Cardos, "No quarto da Vanda" de Pedro Costa, "Um tiro no escuro" de Leonel Vieira e "Manô" de George Felner. A mosrta fotográfica, co lema Olhar inquieto, ollares cruzados, inclúe traballos de autores como Helena Almeida, Fernando Lemos, Jorge Molder ou Gérard Castello-Lopes. A escolma pretende non só facer visión xeral da fotografía portuguesa, senón tamén "dar a coñecer as experiencias persoais e colectivas que marcan a teoría e a práctica fotográfica nacional e internacional, conxugando obxectivos pedagóxicos, sociais e artísticos".


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: