Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O DÍA 16 REFLEXIONARASE SOBRE A RELACIÓN DO AUTOR CON GALIZA

O cine protagoniza o último tramo do ‘outono’ dedicado a Julio Cortázar

Exposicións, debates e un ciclo de cine son as principais actividades coas que a Secretaría Xeral de Comunicación, que dirixe Fernando Salgado, está a homenaxear a figura do escritor Julio Cortázar durante os meses de outubro e novembro. Logo da presentación da exposición ‘Ler imaxes’ e do libro ‘Un (Re)Encontro con Galiza’ será o cine e os coloquios os que tomen o protagonismo nesta recta final do ‘Outono Cortázar’.

- 17:38 02/11/2006
Tags:

No marco do ciclo de filmes inspirados na obra do autor de 'Rayuela', proxectaranse durante os próximos días películas como ‘Sinfín’, ‘Cortázar, apuntes para un documental’, ‘Furia’, ‘París-Marseille’ ‘Jogo subterraneo’ e ‘A vida secreta das palabras’de Isabel Coixet.

Será precisamente a directora catalá quen peche o 28 de novembro xunto con Ramón España os coloquios dedicados ao autor co debate ‘Escritores e cineastas’.

Dúas semanas antes, o 16 de novembro Claudio Rodríguez Fer, Francisco Fernández Naval e Xosé Luís Axeitos reflexionarán na sede da fundación Caixa Galicia de Santiago sobre a relación de Cortázar con Galiza.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: