Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FESTIVAL DE CINEMA INDEPENDENTE

Continúa o mes do cinema en Ourense

Estamos no mes cinematográfico por excelencia: en Compostela comezou hai case unha semana a XX edición de Cineuropa, e esta fin de semana comezou o outro gran festival galego: o de Ourense. O actor Juan Diego, con corenta anos de andaina, recibiu o premio Premio Memoria Histórica este domingo. Foi proxectada El Triunfo, de Mireia Ros. Así comezou a undécima edición dun dos festivais de cinema máis potentes de Galiza, que, do 4 ao 11 deste mes, encherá seis salas ourensás co mellor cinema independente.

- 10:10 06/11/2006
Tags:

Na xornada inaugural gozamos tamén da presenza de Isabel Ayguavives, directora da curta El Castigo, o equipo da longametraxe Posdata, de Rafael Escolar, que conta no seu elenco con Emilio Gutiérrez Caba, homeanxeado no festival, e obtivo un premio ao mellor guión na Zona Cine de Málaga. Tamén foi presentada a coprodución galega De Bares, polo seu director e guionista Mario Iglesias, e os produtores Manuel Froiz e Alfonso Blanco. A ópera prima do cineasta naceu de varias curtametraxes realizadas en bares, como espazos públicos de convivencia. Mario compite tamén na sección de curtas con Madres. A súa obra amosa o pouso do neorrealismo italiano, a Nouvelle Vague ou o Dogma.

Cinema independente dende todas as latitudes
Entre os filmes que poderemos ver, haberá unha importante mostra da cinematografía latinoamericana: do mexicano Gustavo Loza veremos Al otro lado, dende o Uruguai, Alma Mater, de Álvaro Buela, ou as coprodución hispano-arxentinas Posdata, de Rafael Escolano, e El camino de San Diego, de Carlos Sorín, que tamén participa en Cineuropa. Sen esquecer De bares, do galego Mario Iglesias.

Do mesmo xeito, tamén repite Grbavica, de Jasmila Zbanic, un filme sobre o Saraxevo de postguerra, Indigènes, un filme franco-belga-marroquí-alxeriano de Rachid Bouchareb. Outras longametraxes son Jestem (Eu son), da polaca Dorota Kedzierzawska, o filme francés Le passager, de Eric Caravaca,
o iraní Mahiha Ashegh Mishavand (Os peixes namoran), de Ali Raffi, (España/Arxentina)

Cápsulas de cinema
E a oferta é especialmente abondosa en curtametraxes: 50 cents, do holandés Mathijs Geijskes, A rapariga da mão morta, do luso Alberto Seixas Santos, Alice ou la vie en noir et blanc, da belga Sophie Schoukens, Amancay, de Milagros Mumenthaler (Arxentina/Suíza), a galega gañadora do festival Liceo Casino de Vilagarcía Baseado en feitos… que puideron ter acontecido, X. A. Perozo, a francesa Béa, de Romuald Beugnon, a produción franco-canadense Bhaï-bhaï, de Olivier Klein, os filmes españois Busco, de Arturo Turón G. e Carlos Cuenca, Carne de neón, de Paco Cabezas, Changes, de Daniel Martínez Lara, Clases particulares, de Alauda Ruíz, Con lengua, de Anna Rodríguez Costa, Corrientes circulares, de Mikel Alvariño, Dentro, de David Delgado-Llavina, Desconocidos, de David del Águila, El futuro está en el porno, de Vicente Villanueva, El gran Zambini, de Igor Legarreta e Emilio Pérez, El castigo, de Isabel Ayguavives, En el hoyo, de David Martín de los Santos, Energy! (No he conocido el éxito), de Tina Olivares, Éramos pocos, de Borja Cobeaga, Hiyab, de Xavi Sala, Háblame bajito, de Fernando Merinero, La guerra, de Luis Berdejo e Jorge C. Dorado, La montaña mágica (donde el alma renace), de Javier González. Bernardo, La última página, de César Rodríguez-Moroy, Madres, de Mario Iglesias, Máxima pena, de Juanjo Giménez, Nati, de Javier Aparisi, Palomita mía, de Jorge Laplace, Proverbio chino, de Javier San Román, Salad days, de Gabriel Ochoa, Tolerancia cero, de Carlos Lapeña, e Víctor y la máquina, de Carlos Talamanca.

Tamén veremos os filmes británicos Sweetie, de Beckie Brazil, The clap, de Geoff Lindsey, ou Dad, de Daniel Mulloy, Deadline, da danesa Emma Balcáza, Der kalte tag (O día frío), do alemán Nikolai Ebert, o filme húngaro Doll nº 639
, de András Gyorgy Dési e Gábor Moray, Goliath, de Tareq Daoud (Suíza), ou Karma, do neocelandés Damon Fepulea’i. Con orixe francesa participan Le livre des morts de Belleville, de Jean-Jacques Joudiau, Les fables en délire Nº 4, de Fabrice Luang-Vija, París-Dakar, de Caroline Jules, e a curta belga Retraite, de François Pirot. Tamén gozaremos de Lucky, de Avie Luthra (Sudáfrica/Reino Unido), a chipriota Pharmakon, de Ioakim Mylonas, Salitre, de Leonor Noivo (Portugal), a grega Sámoure, de Theo Papadoulaki, Shemesh Sheli, da israelí, de Ruth Litan, Sunday afternoon, da checa Gaia Adducchio, Wigald, do alemán Timon Modersohn, Wszystko bedzie (Todo vai ser), da polaca Magdalena Pieta, The first day of my life, do canadense David Uloth,e, dede as antípodas, The last chip, do australiano Heng Tang, e The speaker, de Tearepa Kahi (Nova Celandia).

Segue a haber unha importante participación latinoamericana, co filme chileno Las bicicletas, de Sebastián Brahm,El rincón de Venezuela, de Reyther Ortega, Eletrodoméstica, do brasileiro Kleber Mendoça Filh,

Memoria e denuncia
Tamén cómpre salientar a forte presenza do documental nesta edición, marcada pola memoria histórica: Al otro lado, de Julio Azcárate (España/Palestina), os filmes holandeses De tuin der afwezigen (O xardín do recordo), de Ramón Gieling e Dit gaat nooit meer weg (Isto nunca irá para diante), de Petra e Peter Lataster,
Ezkaba, la gran fuga de las cárceles franquistas, de Iñaki Alforja, Habana - Arte nuevo de hacer ruinas, do alemán Florian Borchmeyer, Hippies forever, de Carlos Moro e Luis Alaejos, Knjiga rekorda šutke (O libro shutka dos récords), de Aleksandar Manic (República Checa/Serbia), Las huellas de Dylan, de Fernando Merinero, Pensando en soledad, do galego Marcos Nine, e Se escucha?, do arxentino Marcel e Yoni Czombos. No apartado das homenaxes, ademais do Premio Memoria Histórica, concedido a Juan Diego co gallo dos 40 anos da súa carreira cinematográfica, concederase tamén o Premio Concello de Ourense a Emilio Gutiérrez Caba, e farase unha homenaxe ao cineasta Luchino Visconti (Morte a Venezia) no centenario do seu nacemento.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: