Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O CANTAUTOR MARCHA A MALLORCA

Últimas oportunidades para escoitar a Tom en Galiza

Tom Montero, despois de varios anos deleitando aso compostelás coa súa voz e guitarra en pubs tan míticos como o Modus Vivendi, decidiu marchar a vivir a Mallorca. Pero non pensa deixarnos sen despedirse por todo o alto, e nestes momentos, o cantautor está de xira por Galiza. Estamos a tempo de velo (e escoitalo) este xoves, a compostelá Casa das Crechas, o venres na Taberna da Cancela (en Xil, Meaño), ou o sábado no saló parroquial de Ponteareas. Por último, o mércores 22 estará no pub coruñés Garufa, e despedirase definitivamente o xoves da vindeira semana, 23, na Fábrica de Chocolate, en Vigo.

- 10:33 14/11/2006
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: