Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA DO VERÁN

A polo ghit, por fin, na Galega

Despois dunha longa espera, a Televisión de Galiciaemitirá este xoves, á unha e media da madrugada, a gala de A polo ghit, concurso convocado por Vieiros e a Radio Galega para elixir a canción do verán. Durante hora e media, pasará polo escenario da discoteca LP45 de Ordes, onde se gravou o espectáculo, unha ampla e representativa mostra dos participantes no certame.

- 18:54 16/11/2006
Tags:

Entre eles estarán os cinco primeiros clasificados de A polo ghit: a Banda Potemkin, coa súa Kalindra Xida; A banda da Señorita e Tomasa, e A ruta do colesterol; The Homens, que interpretarán Sandra Dee; Guezos, con A das festas, e o gañador, o músico coruñés Pulpiño Viascón, que presentará diante dos telespectadores da Galega o seu premio: o videoclip de In the ocean, elixida canción galega do verán 2006.

O concerto estará presentado por Belén Regueira, do programa Extrarradio, da radio autonómica, que estará acompañada dos membros do xurado Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei.

Ademais das actuacións musicais, poderemos comprobar a graza coa que diversos personaxes famosos interpretan algúns dos ghits máis coñecidos deste verán e coñeceremos a historia de cancións galegas que foron éxitos estivais.

Un consello: poñede os vídeos a gravar se non podedes estar espertos a horas tan intempestivas.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: