Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA NOITE, TEATRO

Un alemán en Compostela e romanas en Barcelona

Dende hoxe, e até o sábado, Diego Anido representa na sala Nasa de Compostela a súa obra O alemán, na que mestura teatro, clown, performance e anticoreografía. As sesións serán ás dez da noite. O actor, nado na Coruña en 1976, estivera por última vez na sala compostelá no mes de febreiro, na Zona Alternativa. Iniciouse no mundo da interpretación no teatro universitario, a través da escola Espacio Aberto, de Santiago. Mentres estudaba, asistiu a cursos de clown, performance, mimo, bufón e danza contemporánea. Tamén traballou como modelo publicitario, performer e colaborou nas Ultranoites e na Festa do Circo. A súa primeira obra en solitario, Paperback, estreouse no ano 2004. Actualmente reside en Barcelona, onde forma parte da plataforma artística Areatangent.

- 11:43 22/11/2006
Tags:

Os troleiros de Provenza E, en Barcelona, hoxe a agrupación teatral Furafollas representa na galería Sargadelos da rúa Provenza Unha de romanas, montaxe na que amosan "a verdadeira historia da romanización galega". Contan que, cando as centurias romanas chegaron para conquistar Gallaecia, acabaron sendo conquistadas polos galaicos. Chegaron berrando "Ave Caesar, morituri te salutant" e en tres meses xa dicían "A ver carallo, pon máis viño!". A actuación comeza ás oito e media do serán.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: