Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TEATRO EN SANTIAGO, A CORUÑA E LUGO

Edipo chega á sala Yago

A compañía Novedous representa dende esta noite na sala Yago, en Compostela, a traxedia grega Edipo, de Sófocles. A montaxe poderase ver o xoves e o venres ás oito e media do serán, o sábado 25 ás dez e media da noite e o domingo ás sete da tarde. A obra está dirixida por Jouse García e protagonizada por Xabier Deive, Lois Soaxe e Gena Baamonde.

- 16:33 23/11/2006
Tags:

Nun ton radicalmente diferente, o actor cómico Pedro Brandariz presenta no pub The Dog's Bollocks, na Coruña, o seu espectáculo Pai Noso, Padre Nuestro, ás dez e media da noite. Na obra encarna o personaxe dun sacerdote que ironiza e polemiza sobre o mundo relixioso dende un punto de vista humorístico.

En Lugo estase a celebrar até o martes 28 o terceiro festival de teatro Clásicos do Século XX, no auditorio municipal Gustavo Freire. A oferta desta noite é unha conferencia a cargo de Cristina Domínguez, directora do Centro Dramático Galego, ás oito e media do serán na sala Sargadelos da praza de Santo Domingo. De volta na capital galega, no cartel da sala Nasa continúa até o sábado a obra O Alemán, de Diego Anido.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: