Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA FIN DE SEMANA...

Ferven os escenarios das sete cidades

Este sábado entréganse no Salón Teatro de Compostela os premios do IV Certame de Creación Coreográfica de Galicia, organizado polo IGAEM. A partir das oito e media do serán exhibiranse as sete obras finalistas, das que dúas pertencen a coreógrafos galegos, unha delas do compostelán Amancio Rial e outra dos coruñeses Alexis Fernández, Armando Martén, Kirenia Martínez e Ana Beatriz Pérez. Despois da presentación das candidaturas, poñerase en escena De meu, de Dolores Mayán. Outorgaranse un máximo de cinco distincións para as que hai reservada unha dotación económica de até 11.500 euros.
Durante toda a fin de semana séguese a celebrar no Teatro Ensalle, de Vigo, o festival de danza contemporánea Catropezas. Os tres días actuará a compañía Seis Cordas, con funcións o venres e o sábado ás dez da noite e o domingo ás nove.

- 16:22 24/11/2006
Tags:

En Ferrol, o venres ás oito e media represéntase La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, no Teatro Jofre. A posta en escena corre a cargo da compañía Entrecajas Producciones e Teatro de la Danza. Esta mesma obra vaise representar en Vigo, na sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, o sábado e o domingo, tamén ás 20:30. O sábado, en Pontevedra, tamén se vai representar unha obra de Federico García Lorca, pero neste caso será Así que pasen 5 anos, de Sarabela Teatro. A cita, ás oito no Teatro Principal, dentro da segunda edición do Brumario Poético.

Durante a fin de semana tamén haberá ópera: o Teatro da Ópera e Ballet Estatal de Jarkov (Ucraína), subirá o venres ás nove da noite ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense para interpretar Don Giovanni, de Mozart. O sábado, á mesma hora, estará no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A comedia e os contos estarán presentes en Pontevedra, grazas a Serxio Pazos, que actúa o venres ás once da noite no Pub Embrujo, e a Cándido Pazó, que estará o sábado ás dez na Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente.

Na Coruña, o Teatro Rosalía de Castro acollerá o sábado ás oito o festival folclórico dos XV Premios IAR, mentres que o domingo ás 20:30 a compañía Experimenta Danza ofrecerá alí o seu espectáculo Meltemi. En Lugo, o venres ás oito e media, no Auditorio Gustavo Freire, o Centro Dramático Galego representa O regreso ao deserto. O domingo, á mesma hora e no mesmo lugar, será a quenda da compañía vasca Vaivén Producciones coa obra Nasdrovia Chejov, pola que recibiu un premio MAX. Mentres, en Compostela, seguen en escena O Alemán, na sala Nasa, e Edipo, na Yago.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: