Máis de cincocentos filmes de 55 países de todo o mundo preséntanse á preselección da terceira edición de Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo de 2007. A convocatoria foi pechada o día 15 de novembro. A maioría dos filmes proceden do Estado (143 documentais), dos que 33 son galegos. Deste medio milleiro de filmes, só uns trinta conformarán a programación do festival, que contará de novo cunha Sección Oficial a Concurso e unha Sección Informativa, así como unha serie de eventos paralelos, como talleres, exposicións e música en directo.
Tamén veñen de Francia, Alemaña, Portugal (31), Países Baixos, República Checa (22), os EUA (21), Brasil (16), Bélxica, Canadá, Israel (15), e México (12), Eslovaquia (11), Reino Unido (10), a India, Croacia, Hungría, Italia, Nova Zelanda, Taiwán, Pakistán, Xapón, Corea, Rusia, Bulgaria, Chile, Arxentina, Palestina, Polonia, Sudáfrica, Venezuela, Estonia, Noruega, Angola, Dinamarca, Irán, Rumanía, Colombia, Suecia, Nicaragua, Kosovo, Finlandia, Cuba e Georgia.