Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FEGATEA MÓVETE! PERCORRE GALIZA

Os amadores do teatro non paran quedos

Ainda rematou o V Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán a semana pasada e as rebuldeiras compañías que forman parte da FEGATEA xa botan a andar por toda Galiza. Trátase dun programa chamado Móvete!, que, ao longo do mes de decembro, ha percorrer sete vilas e cidades galegas coas propostas de vinte agrupacións. Entre o 14 e o 30 de decembro, Vigo, Vedra, Lugo, Palas de Rei, Salceda de Caselas e Brión serán os escenarios nos que estes amantes da arte de Talía despregarán todos os seus recursos.

- 09:06 18/12/2006
Tags:

Navia (Vigo) acolle a tres grupos que xa participaran no Agustín Magán: Teatro no Aramio (cunha impresionante posta en escena do poema E os cans calaban, de Aimé Cesaire) abre o ciclo o día 14, Andaravía, de Vedra, cos seus Bicos, estarán alí o 23, e o día antes, Metátese, coa novedosa Peirao 2434. Salceda de Caselas acolle o 21 a Trécola, cunha adpatación da lorquiana A casa de Bernarda Alba, Encerradas e o 23 a Nova Escena, con Cinco mulleres co mesmo vestido.

En Lugo estarán este sábado 16 Ditea, coa adaptación da obra de Mihura Melocotón en xarope, e O Trasno Novo teatro, cun texto no que mesturan a Kafka, Kundera, Sartre e Carrigan, D2N23, ao día seguinte. Este mesmo domingo, un pouco máis abaixo (en Palas de Rei) estarán as Mulleres de Moaña. A localidade da Ulloa acolle tamén a Skene, Navia, c'O anel máxico, de Goldoni, e Quartoescuro, que toma a versión que fixo Carlos Gulías d'O mariñeiro, de Fernando Pessoa, o 28, 29 e 30 deste mes, respectivamente.

Xa na provincia da Coruña, poderemos gozar do ciclo tanto en Vedra como en Brión: no primeiro dos casos, das obras de Falcatrueiros, o 15, Tiruleque (coa divertida Silicon Valley, unha adaptación contemporánea de Romeo e Xulieta), o 16. O 23 estarán Achádego con Confusión de María Balteira, de Marica Campo. En Brión estarán Palimoco, coa obra O percebe e o pingüín (o 27), Cedeuve (o 28) e Porta Aberta (o 29), e por último, no Carballiño (Ourense), Lohengrín, co texto de produción propia Como unha motooo (o 21), Atrezo, coas Historias peregrinas de Miguel Anxo Murado (o 22), e Aforo (o 23), coa obra En alta mar.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: