Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A SEGUNDA NOITE DA EDICIÓN CELÉBRASE EN PONTEVEDRA

Noite de festa dos editores galegos

Os editores galegos celebran este sábado en Pontevedra a súa festa gremial. A partir das nove e media da noite comezará no Salón Nobre do Liceo Casino a segunda Noite da Edición, na que se entregarán os premios da AGE. No decurso da gala, Isaac Díaz Pardo será nomeado presidente de honra da asociación, e o editor Sabino Torres Ferrer, responsábel de Hipocampo Amigo recibirá o premio á edición histórica galega. Ademais, entregaranse outros seis galardóns, dos que até o momento só se coñecen os finalistas. Aspiran ao Ánxel Casal ao libro de 2006 Feísmo, publicado por Difusora de letras; O bosque dos raposos aforcados, de Rinoceronte; O suxeito postmoderno, editado por Galaxia; Os libros arden mal, de Xerais, e Terra e nostalxia. Galicia rural, de Baía.

- 13:27 13/12/2006
Tags:

Do mesmo xeito, repartiranse o premio Lois Tobío á mellor tradución, o Isaac Díaz Pardo ao libro ilustrado do ano, o Xosé Neira Vilas ao mellor infantil e xuvenil, o Francisco Fernández del Riego á cooperación no labor editorial e o Xosé María Álvarez Blázquez ao autor de 2006.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: