Xa demos a nova do primeiro spot televisivo e para a rede dun libro galego: Home sen nome, de Suso de Toro. Hoxe temos outra novidade editorial no Youtube, tamén relacionada coa memoria histórica, tamén dun dos nosos máis afamados narradores, e tamén editada por Xerais: Os libros arden mal, de Manuel Rivas, xa ten o seu espazo publicitario na rede. A novela de Rivas vendeu nada menos que dez mil exemplares dende xullo deste ano. Xa saben, se aínda están buscando agasallos de nadal, unha boa novela pode ser moi acertada para o inverno que temos por diante. Velaquí o anuncio: