Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PERFORMANCE DE MARÍA MARTICORENA

Deixando as unllas na arte

María Marticorena, gañadora do certame GZ Crea 2006 na especialidade de instalacións, amosaranos o que é o 'body art' extremo: a performer coruñesa converte o seu corpo en instrumento, utilizando as súas unllas perforadas como soporte para as cordas dun violín. Este venres 22, o mesmo día que o mundo enteiro debe sincronizarse nun orgasmo colectivo, o Conservatorio Superior de Música da Coruña acollerá, de unha a unha e media do día, esta peculiar interpretación musical .

- 18:14 18/12/2006
Tags:

Xa a puidemos ver facenmdo do seu corpo obxecto artístico en Barcelona. Até que o meu corpo aguante xa puña a proba a súa resistencia (e a do público). Formada coa "avoa da performance", a extrema Marina Abramovic, e con Adriano Guimarães, esta moza naceu en 1977 na Coruña, e licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Tamén se dilplomou en Conservación e Restauración de Bens Materiais, participou no Roteiro Quetzal no 2004, na Harlech Biennale en Londres no 2005, na mostra da Facutade de Belas Artes de Pontevedra "Chámalle X", e en varios eventos máis.

Nesta performance que subtitula "Tensión, resistencia e música revelada", as súas mans evolucionan no aire, como encantadas polos extremos opostos que as separan. Tensa o seu delicado mecanismo e revisa a súa postura varias veces até quedar completamente satisfeita. "Por fin xa é un instrumento", mostra un rostro claro e sereno e o seu corpo xa está listo para entregarse aos delirios da arte. Quédase inmóbil uns instantes, para descubrir carreiros que a transportarán a novos e descoñecidos abismos, abismos baleiros que se abrirán diante dela para que os poida explorar. Deste xeito, tanto os sons xerados polo propio proceso de acción como o medo á rotura das cordas, serán elementos esenciais para esta interpretación musical simbólica. Vinte minutos nos que Marticorena , literalmente, "deixa as unllas" no que fai.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: