Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SAEN Á VENDA OS DISCOS 'O QUIQUIRIQUÍ' E 'CANTO DE NADAL'

Música galega de Nadal

As cantigas tradicionais de Nadal son o argumento de dous traballos discográficos que se acaban de presentar no noso país. Ultreia, Pilocha, Tino Baz, O Fiadeiro, Uxía Senlle, Guadi Galego, Miguel Costas, Malvela e moitos outros artistas participan no libro-disco-DVD O Quiquiriquí, unha proposta que recolle as tradicións do Nadal en Galiza. O libro, de 64 páxinas, analiza os costumes do noso país durante o final de ano, ademais de información sobre os temas incluídos no disco. Ademais, o DVD contén un documental no que se repasan as tradicións do nadal galego e mais unha reportaxe sobre o proceso de elaboración do disco. O traballo está editado por PAI música, coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Asociación de Gaiteiros Galegos.

- 11:47 21/12/2006
Tags:

As cantigas populares de Nadal son tamén o contido do CD Canto de Nadal, do grupo compostelán de música antiga Resonet e a discográfica Ouvirmos. A produción contén seis pezas de música popular galega interpretadas pola soprano Mercedes Hernández, acompañada de instrumentos de corda tocados por Fernando Reyes e a percusión de Trinidad de Miguel e Richard Rivera. Os arranxos correron a cargo de Nemesio García Carril, o padre Manuel Feijoo e Fernando Reyes. A gravación realizouse no Museo das Peregrinacións de Compostela.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: