Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SESENTA CURTAMETRAXES EXHIBIRANSE EN CORENTA LOCALIDADES GALEGAS

Unhas festas moi 'curtas'

Corenta vilas e cidades do país participan no programa Curtas no Nadal, da Consellería de Cultura e Deporte. A iniciativa prevé a proxección de sesenta curtametraxes até o 20 de xaneiro, coa intención de promover o xénero da curtametraxe ao tempo que se dan a coñecer novos creadores audiovisuais. A maioría das obras que se van amosar pertencen a profesionais galegos, que verán, deste xeito, como se difunden unhas producións que adoitan ter dificultades para a súa distribución.

- 18:14 21/12/2006
Tags:

O catálogo de Curtas no Nadal, organizado pola produtora Mr. Misto Films, abrangue todos os xéneros: dende a ficción até o documental, pasando pola animación e o videoclip. As proxeccións efectuaranse en centros socioculturais, asociacións de veciños e locais hostaleiros. O programa previsto para os vindeiros días anuncia proxeccións en Burela, Vilagarcía, Lugo, Vilaboa e Rois, o venres 22, e o sábado 23 na Pontenova.


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: