Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCERTO DO 25 ANIVERSARIO DA BANDA VIGUESA

Siniestro Total volve ás súas orixes

Vinte e cinco anos despois, Siniestro Total volven ao lugar no que deran o seu primeiro concerto: o Cine Salesianos de Vigo. O 27 de decembro de 1981, naquela primeira época da movida, tocaran no Festival Nadal Rock xunto aos grupos Trabalhadores do Comércio e SA. Agora, outro 27 de decembro ás dez da noite, pero do 2006, a banda viguesa, cun cuarto de século enriba, volverá facer vibrar ao público no mesmo sitio que daquela. Os prezos tamén cambiaron: 12 euros a entrada anticipada e 15 no despacho de billetes.

- 17:40 26/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: