Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CERTAME DE GRAFFITI NO PARQUE DA MILAGROSA

Pintando Lugo con permiso do Concello

O Parque da Milagrosa de Lugo será escenario os días 3 e 4 de xaneiro dun certame de exhibición de graffiti organizado polas concellarías de Deportes e Xuventude. Até o día 29, os mozos que desexen formar parte da actividade pódense inscribir na Oficina de Información Xuvenil, para o que han de presentar un bosquexo do debuxo que queren realizar. A cambio, recibirán o material que precisen para a súa obra.

- 17:30 26/12/2006
Tags:

O obxectivo da proposta é decorar o espazo destinado ás pistas de skate, ao tempo que se pretende concienciar os mozos da importancia de faceren graffiti en consenso coas administracións que, asemade, esperan eliminar as pintadas antiestéticas. Os artistas dispoñerán dun muro de 30 metros de longo por un lado e de 15 por outro para plasmar as súas obras. Ao remate, un xurado seleccionará as tres mellores, que aspiran a premios de 200 euros en metálico para o primeiro graffiti, 100 en material de pintura para o segundo e 50 euros en material para o terceiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: