Do 26 ao 28 de decembro, o Ateneo Ferrolán acolle as VI Xornadas de Curtametraxes. Comezaron no ano 2001, e nesta edición traen unha chea de historias: a primeira das sesións, o martes 26 de decembro, ás 19:30, reúne varias curtas relacionadas co que acontece no interior dos taxis, baixo o título de 'Taxi: vivir rodando'. Xa o mércores 27, á mesma hora, gozaremos da 'Selección internacional': Mártires, de Xosé Zapata, conta a historia de tres mozos que suben a un mirador a beber unhas cervexas e a falar do seu futuro, sen saber que poucas horas despois ese futuro deixará de existir. El castigo, da ferrolá Isabel Ayguavives, Ecos, do tamén ferrolán Rubén Coca, e JEDN, de Marcos Nine, un documental sobre o pai do cinema galego José Ernesto Díaz Noriega, completan a sesión. E xa o xoves 28, veremos cinco curtametraxes galardoadas cun Óscar.