Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ALFREDO ERIAS EXPÓN OS SEUS CADROS NO COLEXIO DE FONSECA

Viaxe ao medievo

O historiador Alfredo Erias amosa no compostelán colexio de Fonseca até o 25 de xaneiro a exposición Xente no Camiño. Nela recóllese a visión do autor sobre a vida na Baixa Idade Media a través de 54 cadros nos que se combinan imaxes de bispos, reis, raíñas e cabaleiros. Nas imaxes, de vivas cores, represéntanse figuras enmarcadas en arcos de medio punto, o que lles dá o aspecto de retablos. Alfredo Erias é pintor, debuxante, gravador e responsábel da revista Anuario Brigantino e mais do Arquivo e Biblioteca Municipais de Betanzos e do Museo das Mariñas. A colección está patrocinada pola Deputación Provincial da Coruña e a Universidade de Santiago.

- 17:58 26/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: