Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NOITE DE CONCERTOS

Música para celebrar o centenario do Dépor

Os coruñeses Meu, os suecos Backyard Babies e os vigueses Siniestro Total estarán o xoves á noite no Pazo dos Deportes de Riazor para celebrar o centenario do Deportivo da Coruña, nunha homenaxe que lle rende a Consellería de Cultura e Deporte ao club de fútbol. O concerto, que comezará xusto despois de que remate o partido entre as seleccións de Galiza e Ecuador, no estadio lindeiro, terá un custo de 5 euros. Asemade, haberá dous concertos en Vigo. Na Fábrica de Chocolate, Tony Lomba e Elio dos Santos presentan Live after death, e en La Iguana Club poderase escoitar, a partir da medianoite, a música de Loretta Martin.

- 15:37 28/12/2006
Tags:

A noite do xoves complétase coas actuacións de Los Abrasivos, na Sala Escarabajo, da Guarda, e de Cornelius, no Salón Parrokial de Ponteareas. Ademais, comezan na compostelá Sala Nasa as Ultranoites Inocentes.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: